Actividades de dinamización

Remate da campaña Proba en Galego este ano

Publicado o 2 de decembro de 2013

A campaña Proba en Galego chega ao seu remate no ano 2013. Ao longo deste tempo as empresas que veñen participando nesta iniciativa afianzaron e intensificaron o seu compromiso coa lingua e co impulso do uso do galego na pequena empresa e no comercio local.

 

 

Proba en Galego continúa no 2013 con novas iniciativas 

A campaña Proba en Galego, organizada pola Concellaría de Normalización Lingüística para promover o uso da nosa lingua no comercio local, segue en marcha ao longo do 2013 con novas actividades. En http://pontevedraviva.com/ xa se poden ver as primeiras accións.
Máis de 30 pequenas empresas e comercios participan este ano na campaña. Asumirán 12 compromisos coa lingua, moi sinxelos, para axudar a que o galego se faga visible nas relacións comerciais.Todos aqueles comercios ou pequenas empresas de Pontevedra que estean interesados en participar, poden poñerse en contacto co Servizo de Normalización Lingüística (986 863 157) para recibiren información e participar na campaña.

 

 

30 empresas pontevedresas asinan un decálogo de compromisos coa lingua galega dentro da campaña Proba en galego! 

Publicado o 1 de agosto de 2012

Parte das trinta pequenas empresas de Pontevedra que participan activamente na nova iniciativa da campaña Proba en galego! asinan un decálogo de compromisos coa lingua galega.

Proba en galego é unha campaña da Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra para dinamizar o uso do galego na pequena empresa e no comercio locais. Esta nova iniciativa dálle continuidade ao labor que desenvolve o Concello de Pontevedra para visibilizar e incrementar o uso da lingua galega na pequena empresa, con actuacións específicas que se veñen realizando desde o ano 2006.

Comercios que dispoñen dos descontos para o Cine en galego en Cinebox Vialia

Publicado o 30 de abril de 2012

 

 

 

 

 

 

 

 

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organiza un ano máis o programa Maio, Mes da Lingua, que no 2012 chega a súa oitava edición.

Unha das actividades máis destacadas é o Cine en galego, para o que os comercios que forman parte activa da campaña Proba en galego dispoñen de vales desconto, sobre o prezo da entrada en billeteira, para as dúas películas que se van proxectar en CineBox Vialia:

– Tamén a chuvia (3,10 e 17 de maio, ás 22 h)

– Engurras (17 de maio, ás 17 e 19 h)

Dentro desta programación de cine en galego proxectaranse outras peliculas no Teatro Principal, con entrada libre ata completar aforo:

– Pa negre (9 de maio, ás 21 h)

 Vikingland (29 de maio, ás 21 h)

– A pedra do lobo (31 de maio, ás 21 h)

Os comercios que dispoñen destes vales son:

  • Dicenfot fotografía. Rúa Cruz Gallástegui, 1
  • Enot. Centro de ensino. Rúa dos Ferreiros, 22, baixo
  • Ernesto Filgueira. Praza de Méndez Núñez, 17
  • Estouche Ben! Centro de terapias. Rúa Xosé Millán, 2
  • Libraría Paz. Rúa Peregrina, 29
  • O Cisne ultramarinos. Rúa Real, 15
  • Olbe Téxtil. Rúa Santa Clara, 10
  • Peral Moda. Praza de Curros Enríquez, 14
  • Quercus. Rúa da Seca, nº 18, baixo

 

Actividades de dinamización do empresariado e do comercio local

Como resultado das demandas formuladas no grupo de traballo da campaña Proba en galego, a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra vai desenvolver unha serie de actividades dirixidas ao empresariado e ao comercio local durante os meses de febreiro, marzo e abril de 2012.

As charlas, presentacións e obradoiros teñen como obxectivo principal incidir na normalización do uso do galego no sector do comercio e da pequena empresa. Ao longo das 6 sesións analizarase e reflexionarase sobre as vantaxes do uso do galego nas relacións comerciais e empresariais; ademais, presentaranse estratexias e boas prácticas para mellorar a comunicación coa clientela e coas empresas colaboradoras.

A asistencia estará aberta ás persoas do ámbito do comercio e da pequena empresa. Pódese consultar o calendario completo aquí: Proba en galego. Programa de actividades de febreiro a abril de 2012

Máis información:

Concello de Pontevedra. Servizo de Normalización Lingüística. Rúa dos Churruchaos, núm. 2, 3º andar. Teléfono 986100185, extensión 7041 normalizacionlinguistica@pontevedra.eu