Novas dos comercios

Rebaixas en Peral

Publicado o 10 de xaneiro de 2014

Peral Moda S.L.
Praza de Curros Enríquez, número 14
36002, Pontevedra
986 859 830 – 986 856 144
http://www.peralmoda.es/Galego.htm
peral@peralmoda.es

 

 

 

Presentación de Galinha de Troia na libraría Paz 

Publicado o 20 de decembro de 2013

Libraría Paz
Rúa Peregrina, número 29
36001, Pontevedra
986 860 471
https://www.facebook.com/pages/Librar%C3%ADa-Paz/203868042982096
info@librariapaz.com

 

 

 

Autocares Vda. de Cándido felicítanos estas festas

Publicado o 19 de decembro de 2013

Un ano máis queremos compartir estas festas de Nadal e o vindeiro Aninovo con vós pero, desta vez, dun xeito diferente! Feito para ti!

Premede na imaxe para ver o vídeo:

Autocares Vda. Cándido
Rúa Xoaquín Costa, número 10, baixo
36001 Pontevedra
986 862 933
autocares@vdacandido.com
http://www.vdacandido.com/Servicios.asp?Idioma=2&Cod=146/?lang=ga

 

 

 

Os Reis mercan no comercio local. Mercan en Peral

Publicado o 16 de decembro de 2013

Este ano pídelles aos Reis :

Pídelles que compren os teus agasallos nun comercio preto da túa casa, nos negocios independentes que dan forma e vida ao teu barrio e á túa cidade.

Se consegues que o fagan, estarás axudando a que pase todo isto:

Máis diñeiro para a túa comunidade: de cada 100 euros gastados no comercio local, 45 quedan na economía local, mentres que as grandes superficies só reinvisten 15 de cada 100.

Crecemento compartido: os comercios locais producen máis ingresos, emprego e achegas á comunidade; e son máis propensos a utilizar os servizos que ofrecen outras empresas locais e a anunciarse en medios tamén locais.

Diversidade: os comercios locais outorgan diversidade, combaten a homoxeneización (gústanos de verdade que todas as cidades parezan a mesma?), xeran comunidade e dan carácter ás nosas rúas.

Máis sostibles: os comercios locais importan menos, moven mercancías desde a proximidade e, xa que logo, xeran co transporte do que venden moitas menos emisións de CO².

Todo o bo que lles pase aos pequenos comercios ao teu redor, xera un mellor reparto da riqueza, mantén o tecido social, barrios máis habitables e cidades máis sostibles nas que vivir.

Asina a túa carta aos Reis!

Peral Moda S.L.
Praza de Curros Enríquez, número 14
36002, Pontevedra
Teléfonos: 986 859 830 – 986 856 144
http://www.peralmoda.es/Galego.htm
peral@peralmoda.es

 

                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                    

Festa de fin de ano no Flanagan

Publicado o 11 de decembro de 2013

Ven á festa de fin de ano do Flanagan ambientada nos anos 20! A entrada será de balde e, se o desexas, ofrecémosche barra libre por 35 €.

En Flanagan somos especialistas en coctelería clásica, moderna e de autor; tamén en cócteles sen alcol. Temos unha ampla carta de combinados Premium e oitenta sabores para os teus cócteles. Grazas ao noso esforzo por innovar neste eido, o Flanagan foi finalista en Pontecóctel 2013 coa creación “Finoca”.

Flanagan
Rúa Dona Tareixa, 4
36002 Pontevedra
abarrotespontevedra@hotmail.es

 

 

 

 

Arte en pedra en Juancar

Publicado o 11 de decembro de 2013

En Juancar Arte en Pedra realizamos todo tipo de traballo en pedra, especialmente de artesanía tradicional galega: cantería e escultura. Deseñamos de xeito personalizado cruceiros, fontes, retratos, escudos e restauración de casas.

Juancar. Arte en pedra
Nave 1, Polígono industrial de Xeve
36151 Pontevedra
Juan (676427739)
Carlos (661715281)
juancartepiedra@gmail.com
carlossilper@hotmail.es

 

 

 

ENOT non pecha no Nadal

Publicado o 10 de decembro de 2013

Bo Nadal a todos, se comezastes mal o curso queremos informarvos de que nós estaremos abertos por se necesitades a nosa axuda, para poñervos ao día con algunha materia, para facerdes un intensivo… non deixedes que vos escape o tempo!

Centro de ensino ENOT
Rúa dos Ferreiros, número 22
36002, Pontevedra
Teléfono: 986 104 940
beaenot@gmail.com
www.facebook.com/academiaenot

 

 

 

Ultramarinos O Cisne. Ouro nos piñeirais

Publicado o 5 de decembro de 2013

A colleita de piñóns do ano 2013 vai ser unha das peores que se recorda.

Os factores desta desfeita atopámolos na escaseza de piñas nestas árbores (fenómeno aínda non explicado polos expertos), nunha climatoloxía adversa, pragas endémicas da zona que este ano atacaron con especial virulencia e un efecto acumulado dos incendios que teñen asolado Castela nos últimos anos e que foron reducindo a cantidade de piñeiros produtores da rexión.

O caso é, que malia este panorama, a demanda do piñón increméntase cada ano, sobre todo pola necesidade dos mercados europeos, que valoran a calidade do piñón de Castela.

Coma resultado produciuse, dende mediados deste ano ata as vésperas de Nadal, unha suba de ata máis do 40% nos prezos deste froito.

Unha consecuencia curiosa desta situación é a especial proliferación dos roubos de piñas nos montes comunais casteláns, que desembocou na aparición dun mercado negro que se traduce nun novo problema de dispoñibilidade do produto polas canles habituais de subministro (non esquezamos que dende a recollida das piñas ata o consumo dos piñóns estes pasan por un procesado longo, delicado e case artesanal que non levan os piñóns do mercado negro nin os piñóns foráneos).

Agárdase que co remate da campaña de Nadal e as expectativas da próxima colleita os prezos poidan estabilizarse e ata baixar.

Ultramarinos-Bar O Cisne
Rúa Real, 15
36001, Pontevedra
986 851 502

 

 

 

Pasa un inverno agradable no Corner Sports Bar

Publicado o 5 de decembro de 2013

Xa chegou o inverno e o Corner Sports Bar alíase contigo para pasalo do mellor xeito posible e sobre todo… abrigados coa cheminea!

Pola mañá goza dun almorzo de campións cos nosos menús especiais que desta volta traen agasallo. 

E para seguir con forza o resto do día lembra que che ofrecemos todo tipo de infusións, chocolates e cafés especiais; ademais de refrescos, viños, bebidas espirituosas e un amplo abano de cervexas.

O frío este inverno combátese no Corner Sports Bar!

Corner Sports Bar
Praza de España nº 3, baixo
36002 Pontevedra
986853924
www.facebook.com/cornerpontevedra

 

 

 

O Eirado da Leña deséxalles un bo Nadal

Publicado o 5 de decembro de 2013

E co seu servizo de restauración os clientes e clientas do Eirado da Leña poderán gozar estas festas da nosa cociña nas súas propias casas, adegas, pazos, etc.

Restaurante O Eirado da Leña
Praza da Leña, 3
36002 Pontevedra
986 860 225
oeirado@hotmail.es
https://www.facebook.com/restaurante.eiradodalena

 

 

 

Prezos especiais en Ernesto Figuera

Publicado o 5 de decembro de 2013

Estes días os agasallos en lencería e confección de muller e home teñen prezos especiais en Ernesto Filgueira.

Mercando no pequeno comercio tes todo a man, a mellor atención e axudas a manter a nosa cidade e o emprego local.

Ernesto Filgueira 
Praza de Méndez Núñez, número 17
36002 Pontevedra
Teléfono: 986851721
Enderezo electrónico: erfilgueira@hotmail.com

 

 

 

Agasallos para todos na lencería Lourdes Sampedro

Publicado o 5 de decembro de 2013

Aínda non sabes que agasallos mercar para este Nadal? Pásate pola Lencería Lourdes Sampedro e atopa algo co que sorprender aos teus seres queridos, agasallándolles cun regalo fermoso, práctico, orixinal e que agradecerán todo o ano.

Temos os mellores prezos das mellores marcas!!

Lourdes Sampedro Lencería
Galerías Oliva, local 5
36001 Pontevedra
986 853 143
lourdes.sampedro@gmail.com
https://plus.google.com/b/109845672502016927877/109845672502016927877/posts
https://www.facebook.com/lourdesampedro

 

 

 

Moito que celebrar en Dicenfot

Publicado o 2 de decembro de 2013

A piques de rematar o 2013 e de facer 25 anos, nestas datas de festas queremos agradecer a confianza prestada pola nosa clientela e amigos ao longo destes anos e achegarlles unha aperta de agarimo.

DICENFOT
Rúa Cruz Gallastegui, 1
36001 Pontevedra
986 860 229
dicenfot@dicenfot.com
http://www.dicenfot.com/

 

 

Pasa o mellor Nadal en Tamanaco

Publicado o 28 de novembro de 2013

Goza dos nosos viños e convidámoste a unha tapa para acompañalos. Ademais, durante o Nadal, obsequiarémoste cun cóctel de champaña por conta da casa.

Bo Nadal!

Cafetería Tamanaco
Rúa Blanco Porto, 2 baixo
36001 Pontevedra
986 103 496

 

Comidas e ceas de empresa este Nadal no Carabela

Publicado o 28 de novembro de 2013

Celebra a túa comida ou cea de empresa a carón da Ferrería: consulta os nosos menús para eventos.

Temos un espazo para ti!

Café-Bar Carabela
Praza da Estrela,1
36002 Pontevedra
986 851 215
https://www.facebook.com/Cafe.Bar.Carabela

 

 

No Nadal, felicita con Copistería Play

Publicado o 27 de novembro de 2013

Chega o Nadal e unha idea orixinal é agasallar con felicitacións personalizadas. Podes facelas facilmente en páxinas coma esta: http://www.picmonkey.com/

Nós estaremos encantados de imprimilas coa mellor calidade, ao mellor prezo. Agardámoste!!

Copistería Play
Rúa da Estrada, 6, baixo
36004, Pontevedra
986 843 241
986 859 001
copisteriaplay@gmail.com

 

 

Portal 48 cambia de local

Publicado o 26 de novembro de 2013

Portal 48 cambia de local para ofrecer máis servizos e máis comodidade. Agora poderás atoparnos na avenida de Lugo, número 6, baixo.

 

Non esquezades visitarnos no Nadal pois teremos moitas sorpresas para a nosa clientela. Agardámosvos!

Portal 48

Avenida de Lugo, 6, baixo
36002 Pontevedra
info@portal48.es
http://portal48.es/?idi=0/?lang=gal
https://www.facebook.com/portal48es

 

 

Chega o Nadal a Disney Pontevedra

 Publicado o 26 de novembro de 2013

Xa temos a disposición da nosa clientela as novidades para este Nadal.

Achégate a Disney Pontevedra!

Disney Pontevedra
Rúa García Camba, 5 – 7
36001 Pontevedra
986 864 768

 

 

OlbeTéxtil : consellos para mercar recheos nórdicos

Publicado o 20 de novembro de 2013

Coa chegada do outono chega tamén o frío. As temperaturas baixan cada vez máis pola noite e empezamos a pensar na necesidade de mercar un novo edredón nórdico para substituír ese que hai tantos anos que temos.

E igual de importante que a elección da almofada ou a do colchón (dous elementos craves para conseguir un bo descanso) tamén o é a selección da roupa de cama, así que vos facilitamos algúns consellos.

A regulación da temperatura ao durmir é un factor fundamental á hora de conciliar o sono, por iso é importante ter en conta unha serie de variables á hora de escoller o edredón nórdico adecuado ás nosas necesidades. Para iso imos prestar atención a dous elementos, o tipo de recheo e a gramaxe.

O recheo do nórdico pode estar composto principalmente de dous materiais distintos:

Recheos de fibra: poden ser de algodón ou sintéticas. Entre as súas vantaxes figuran a posibilidade de lavarse na lavadora, o seu prezo máis económico e o feito de evitar alerxias a compoñentes como as plumas. Doutra banda, estes nórdicos teñen unha capacidade illante térmica menor que os compostos de compoñentes animais.

Recheos de pluma e penuxe: a natureza é sabia e se as aves utilizan plumas para a súa termorregulación é porque se trata dun material cunha capacidade illante enorme. Así pois, os edredóns nórdicos que utilizan estes elementos proporciónannos unha maior retención da calor ao mesmo tempo que nos permiten illarnos da propia humidade que desprendemos. Debemos diferenciar entre pluma e penuxe: mentres que a pluma é plana e ten unha cartilaxe no medio, a penuxe é o nome que reciben as plumas que crecen no peito e o pescozo das aves e é de maior calidade. Por tanto, canto máis alta sexa a porcentaxe de penuxe, máis caro e mellor será o nórdico.

Ademais da composición do edredón nórdico, debemos ter en conta a súa gramaxe (g/m²). Esta determínanos a capacidade calorífica do recheo, por tanto é un aspecto que deberemos ter moi en conta á hora de adaptar o noso nórdico tanto ao clima da nosa zona e á temperatura da nosa casa, como ás nosas preferencias térmicas.

Na compra dun edredón nórdico é importantísimo o asesoramento dun profesional experimentado.

En OLBE dispoñemos da experiencia e dunha ampla variedade, tanto en recheos de fibra como de penuxe, para asesorarte na túa compra.

Olbe Téxtil
Rúa Santa Clara, 10-12
36002 Pontevedra
986 853 759
info@olbe.es
http://www.olbe.es/
www.facebook.com/olbe.textil

 

 

Nadal en Joyamar

Publicado o 18 de novembro de 2013

Achégate a Joyamar para mercar os teus agasallos de Nadal.

Cartier, Viceroy, Mark Maddox… temos un amplo abano de opcións para todos os gustos e prezos!

Joyamar
Benito Corbal, 34
36001 Pontevedra
Teléfono: 986 865 049
joyamar@mundo-r.com

 

 

 

Un doce con gusto en Ultramarinos O Cisne

Publicado o 18 de novembro de 2013

Proximamente poderedes encargar empanadas de mazá caseiras en Ultramarinos O Cisne.

Vide probalas, están boísimas!

Ultramarinos-Bar O Cisne
Rúa Real, 15
36001, Pontevedra
986 851 502

 

 

 

Levis en Peral Moda

Publicado o 18 de novembro de 2013

Puros e simples, os vaqueiros Levis® 501® aséntanse na cintura, de corte e perna recta e coxas clásicas. Suficientemente versátiles para un look despreocupado ou sofisticado. Está dispoñible en varias cores e acabados.

En Peral Espacio Moda tes total garantía ao adquirir os teus LEVIS. Somos establecemento autorizado por LEVIS desde hai máis de 40 anos.

Podes vir e probar os novos acabados para a campaña outono – inverno 2013/14

Peral Moda S.L.
Praza de Curros Enríquez, número14
36002, Pontevedra
Teléfonos: 986 859 830 – 986 856 144
Enderezo electrónico: peral@peralmoda.es

  

 

 

Horario de apertura de Deportes Goleada no inverno

Publicado o 15 de novembro de 2013

Vas deixar as compras de Nadal para última hora? Ven a Goledada e atoparás ideas interesantes e a bo prezo para facer agasallos aos teus.

Ademais, o noso horario de inverno facilitará as túas compras:

Luns a sábado
10.00 a 14.00 h
16.30 a 20.30 horas

Deportes Goleada
Rúa Javier Puig, 15
36001 Pontevedra
Teléfono 986 866 685
info@goleadaequipaciones.es

 

 

 

Curso de tarxetas de Nadal en Bolboretas de Papel

Publicado o 15 de novembro de 2013

En Bolboretas de Papel estamos a organizar un curso para os que vos gusta escribir as vosas tarxetas de Nadal a man, así que vos ofrecemos un obradoiro de tarxetería.

 

Será o vindeiro sábado, 30 de novembro, de 11.00h. A 14.00 horas no noso local. Por certo, que fixemos mudanza!!! Agora estamos na Avenida de Lugo 6, baixo.

O prezo son 25 € co material engadido. 

Bolboretas de Papel
Avenida de Lugo 6, baixo
36002, Pontevedra
www.bolboretasdepapel.com/blog
www.facebook.com/bolboretasdpapel
info@bolboretasdepapel.com
676 890 358

  

  

 

Nova colección de camisetas en Rei Zentolo

Publicado o 7 de novembro de 2013

Os novos deseños para a tempada inverno 2013-2014 xa están dispoñibles na tenda de da rúa Dona Tareixa. Camisetas, suadoiros, cuncas…… divertidos e en galego!


Agardámoste!

Rei Zentolo
Rúa Dona Tareixa, 2 baixo (tenda)
36002 Pontevedra
Tel.986 848 380

Rúa do Profesor Filgueira Valverde, 2, baixo (oficina)
36004 Pontevedra
Tel. 902 011 281

administracion@reizentolo.es
http://www.reizentolo.es/gl
http://www.facebook.com/reizentolocamis
https://twitter.com/Reizentolo

 

 

 

Curso de calceta na Formiga no Carreiro

Publicado o 21 de outubro de 2013

A Formiga no Carreiro
Rúa dos Ferreiros, 19
36002 Pontevedra
Tel. 886 213 095
https://www.facebook.com/aformigano.carreiro

 

Viaxe organizada por Autocares Vda. de Cándido

Publicado o 15 de outubro de 2013

Ven a gozar con nós dun marabilloso día de peregrinación no que visitaremos dous dos santuarios máis importantes de Galicia. Pola mañá o Santuario dos Milagres de Ourense en Maceda e, pola tarde, o Santuario da Franqueira.

Máis información e reservas na nosa oficina.

Autocares Vda. Cándido
Rúa Xoaquín Costa, número 10, baixo
36001 Pontevedra
986 862 933
autocares@vdacandido.com
http://www.vdacandido.com/Servicios.asp?Idioma=2&Cod=146/?lang=ga

 

 

Novas actividades na Formiga no Carreiro

 Publicado o 24 de setembro de 2013

No noso espazo artístico A Formiga no Carreiro tamén damos clases de pintura, manualidades e gravado para que os máis pequenos e pequenas o pasen ben a través da arte.

Se estás interesado/a reserva a túa praza xa que temos grupos reducidos.

A Formiga no Carreiro
Rúa dos Ferreiros, 19
36002 Pontevedra
Tel. 886 213 095
https://www.facebook.com/aformigano.carreiro

 

 

Promoción de ron galego no Flanagan

 Publicado o 23 de setembro de 2013

No Flanagan ofrecemos ata este domingo, día 29 de setembro, unha promoción na que é protagonista un ron da nosa terra.

Por cada consumición do Ron 17 de maio entrarás no sorteo dunha estancia nunha casa rural.

 Vén ao Flanagan e participa!

Flanagan Cocktails & Gin
Rúa Dona Tareixa, 4
36002 Pontevedra
abarrotespontevedra@hotmail.es

 

 

Membros de Estouche Ben! presentan o seu libro

Publicado o 20 de setembro de 2013

Recentemente foi publicada a obra titulada La quietud del movimiento. Psicoterapia, taoísmo y medicina tradicional china. Os seus autores son María Rodríguez e Alejandro Bello, membros do centro de terapias de Pontevedra Estouche Ben!

Realizouse a presentación do libro en Madrid, proximamente terá lugar en Salamanca, e o fin de xira está programado en Pontevedra.

Manterémosvos informados!

Estouche Ben! Centro de terapias
Rúa Xosé Millán, número 2
36001, Pontevedra
Teléfono: 986 896 968
info@estoucheben.com
http://www.estoucheben.com/indexGalego.php
www.facebook.com/estoucheben

 

 

O Eirado da Leña ofrece un novo servizo de restauración

Publicado o 10 de setembro de 2013

No Eirado da Leña comezamos a nosa andaina hai 7 anos cun proxecto no que a idea principal era que a clientela sentise que estaba coma no comedor da súa casa.

Hoxe, logo de nos converter nun dos restaurantes de referencia en Pontevedra, evolucionamos para ofrecer un novo servizo de restauración. Deste xeito os clientes e clientas do Eirado da Leña poderán gozar da nosa cociña nas súas propias casas, adegas, pazos, etc.

Restaurante O Eirado da Leña
Praza da Leña, 3
36002 Pontevedra
986 860 225
oeirado@hotmail.es
https://www.facebook.com/restaurante.eiradodalena

 

 

Un novo “camareiro” no Carabela que tamén fala galego

Publicado o 9 de setembro de 2013 

O compromiso do Café Bar Carabela coa súa clientela e co noso idioma e moi importante, de tal xeito que ata este novo e simpático camareiro ofrécese a falarnos en galego.

 

Café-Bar Carabela
Praza da Estrela,1
36002 Pontevedra
986 851 215
https://www.facebook.com/Cafe.Bar.Carabela

 

 

Novas tarxetas de Ultramarinos O Cisne

Publicado o 1 de setembro de 2013

O Cisne presenta as súas novas tarxetas en galego e segue a fomentar o uso do noso idioma coa súa clientela.

Ultramarinos-Bar O Cisne
Rúa Real, 15
36001, Pontevedra
986 851 502

 

 

 

Volta ao cole con aforro en Peral Moda

Publicado o 1 de setembro de 2013

En Peral Moda teñen todo o necesario para a volta ao cole, e cun 20% de desconto en uniformes!

Peral Moda S.L.
Praza de Curros Enríquez, número14
36002, Pontevedra
Teléfonos: 986 859 830 – 986 856 144
Enderezo electrónico: peral@peralmoda.es

 

 

Exposición da obra de Sabela Zamudio no local da Formiga no Carreiro

Publicado o 19 de agosto de 2013

Como vimos facendo desde hai xa un ano, cada mes inauguramos unha nova exposición no noso espazo artístico A Formiga no Carreiro.

No mes de agosto contamos coa artista Sabela Zamudio e a súa obra “Cri (p) se”, composta dunha serie de cadros de tecnica mixta sobre lenzo e táboa.

A Formiga no Carreiro
Rúa dos Ferreiros, 19
36002 Pontevedra
Tel. 886 213 095
https://www.facebook.com/aformigano.carreiro

 

Os mellores bocadillos están en Tamanaco

Publicado o 13 de agosto de 2013

Na Cafetería Tamanaco temos os mellores bocadillos, sandwichs e racións, elaborados con produtos de gran calidade.
Vén probalos!

Cafetería Tamanaco
Blanco Porto, 2 Baixo
36001 Pontevedra
986 103 496

                                                                   

En ENOT atoparás a axuda que precisas para aprobar!

Publicado o 2 de agosto de 2013

A Academia Enot é unha empresa dedicada á preparación e axuda en diferentes eidos da educación, que conta cunha ampla experiencia e profesorado especializado.

Aquí podes atopar axuda coas materias que estudas, sexan de primaria, ESO, bacharelato, universidade, ciclos… Ademais no inverno preparámoste para o acceso á universidade e ós ciclos formativos. Se tes problemas con algunha materia lograremos que se che faga máis doada e, se precisas orientación e estas indeciso/a, asesorarémoste nas diferentes posibilidades á túa disposición.

Agora, no verán, traballamos polas mañás. Aínda estás a tempo se necesitas axuda para aprobar. Anímate!

Centro de ensino ENOT
Rúa dos Ferreiros, número 22
36002, Pontevedra
Teléfono: 986 104 940
beaenot@gmail.com
www.facebook.com/academiaenot

 

                                                                                                                                    O Corner abre as reservas para xantar ou cear na Feira Franca

Publicado o 2 de agosto de 2013

Corner Sports Bar é un local situado na praza de España e distribuído en dous andares, que conta con 7 pantallas de televisión e un proxector nos que televisamos a diario todo o deporte en directo.

No Corner podes degustar dende un café ata unha ampla gama de infusións pasando polas máis selectas cervexas, viños e bebidas espirituosas para comezar a noite… todo iso nun agradable espazo con música ambiente.

 

A partir desta semana poderás reservar mesa para xantares e ceas na Feira Franca. Non agardes máis!

Corner Sports Bar
Praza de España nº 3, baixo
36002 Pontevedra
986853924
www.facebook.com/cornerpontevedra

 

 

Portal 48 segue coa súa actividade no verán

Publicado o 2 de agosto de 2013

Portal 48 non pecha por vacacións: exposicións, arte, artesanía e obradoiros creativos na rúa Laranxo, número 8, baixo.

O mércores 7 de agosto, ás 20.00 horas, terá lugar a inauguración da exposición de prendas gráficas Demin Demon do artista Ash Santos.

PORTAL 48
Laranxo, 8
36002 Pontevedra
886 213 813
info@portal48.es
http://portal48.es/?idi=0/?lang=gal
https://www.facebook.com/portal48es

                     

                                                                                     

Rei Zentolo colaborador no Festival SonRías Baixas

Publicado o 31 de xullo de 2013

A empresa pontevedresa Rei Zentolo colabora coa Asociación Troula na Banda, na organización do Festival SonRías Baixas, cun innovador proxecto. Baseándose en valores intrínsecos ao Festival, como son a música, a praia, o mar, o sol, a contorna urbana, a acampada ou a diversión, Rei Zentolo actualizou o logo do SonRías Baixas e deseñou o cartel e o material promocional deste evento.

Tamén distribuirá as entradas para o festival nas súas tendas e franquías e venderá, en exclusiva, a camiseta desta edición.

Rei Zentolo, empresa coñecida por deseñar camisetas e complementos cunha orixinal mestura de cultura popular galega e estética do pop art anglosaxón, convertese así en punto de venda oficial de entradas e distribuidor exclusivo do merchandaising oficial do SonRías Baixas. Durante a celebración do Festival, Rei Zentolo desprazarase ata Bueu para instalarse no recinto, onde venderá produtos do SonRías Baixas e os seus propios.

Máis info en www.sonriasbaixas.info

Rei Zentolo
Rúa Dona Tareixa, 2 baixo (tenda)
36002 Pontevedra
Tel.986 848 380

Rúa do Profesor Filgueira Valverde, 2, baixo (oficina)
36004 Pontevedra
Tel. 902 011 281

administracion@reizentolo.es
http://www.reizentolo.es/gl
http://www.facebook.com/reizentolocamis
https://twitter.com/Reizentolo

                    

                                                                                                

Juancar, arte en piedra: oferta especial de verán en cruceiros                      

Publicado o 31 de xullo de 2013                                                                                                                                   

O cruceiro é un dos monumentos máis representativos da tradición e iconografía galega. “Cruceiros” e “Cruces” diferéncianse en que estes últimos non levan imaxes. A súa presenza santifica os cruzamentos de camiños, considerados lugares de incerteza para o cristianismo e nas casas antigamente telo, era unha honra.

O cruceiro fórmano varias pezas que encaixan unhas noutras á perfección; estas pezas son a base, a vara e a cruz. En Galicia hai catalogados máis de 10.000 pero tamén os hai noutras zonas de España e moitos na Bretaña francesa.

Este verán temos ofertas especiais en cruceiros de pedra. Pídenos información e prezo.

Juancar. Arte en piedra
Nave 1, Polígono industrial de Xeve
36151 Pontevedra
Juan (676427739)
Carlos (661715281)
juancartepiedra@gmail.com
carlossilper@hotmail.es

 

 

 

Novo curso de iniciación á fotografía en Dicenfot

Publicado o 26 de xullo de 2013

Como agasallo a todas aquelas persoas que adquiren a súa cámara réflex en Dicenfot, nesta firma comercial organizamos cursos de iniciación á fotografía. Estes días demos comezo a un novo curso que desenvolveremos ata o día 9 de agosto.

Durante 6 horas achegaremos o alumnado á iniciación na fotografía a través do manexo das cámaras réflex. Entre outros conceptos básicos, traballamos a profundidade de campo, velocidades, sensibilidades, características, balance de brancos, modos de exposición (programado, automático, manual), modos de disparo (programado, con prioridades de apertura, de obturación de velocidade…) ou o calibrado dos obxectivos (luminosidade, distancia focal).

Estes cursos de fotografía, que repetimos ao longo do ano, son gratuítos e realízanse no noso local comercial, situado no número 1 da rúa Cruz Gallástegui, en Pontevedra. Ven coñecernos!

Dicenfot
Rúa Cruz Gallástegui, 1
36001 Pontevedra
986 860 229
dicenfot@dicenfot.com
http://www.dicenfot.com/

 

                                                                                                                     

Horario de verán e novo enderezo de correo electrónico da Copistería Play 

Publicado o 26 de xullo de 2013

No verán continuamos ao voso servizo en Copistería Play no horario habitual: de luns a venres de 9 a 14 e de 17 a 20 horas, e os sábados de 10 a 13.30 horas.

Estreamos un novo enderezo de correo electrónico: copisteriaplay@gmail.com, aínda que mantemos a coñedida de entretementos@gmail.com.

Copistería Play
Rúa A Estrada, 6, baixo
36004, Pontevedra
986 843 241
986 859 001
copisteriaplay@gmail.com

 

 

Carabela: novos tempos, sempre Pontevedra

Publuicado o 24 de xullo de 2013

Manuel Alvariño Otero, fundador do Café-Bar Carabela, desexou e acadou que este local fose un segundo fogar para toda a xente de Pontevedra, unha fiestra máis para ver o que sucede máis aló da Ferrería.

Desde sempre, o Carabela e o seu persoal distinguíronse por un trato familiar cara á súa clientela. Cómpre que todo o mundo goce da súa estancia no noso establecemento, que leve boas sensacións e o sentimento de que se atopa na súa casa.

O noso compromiso coa calidade dos produtos ofrecidos á clientela, pasa tamén polo uso do galego como lingua condutora á hora de ofrecelos. “O falar non ten cancelas”, que dixera un dos asiduos aos faladoiros do Carabela, engadindo: “pero o falar ben, abre máis portas que pecha”. Nós queremos acadar o falar ben e abrir portas cara novos tempos.

Café-Bar Carabela
Praza da Estrela,1
36002 Pontevedra
986 851 215
https://www.facebook.com/Cafe.Bar.Carabela

 

 

 

Rebaixas na Lencería Lourdes Sampedro

Publicado o 24 de xullo de 2013

Aproveita as rebaixas na Lencería Lourdes Sampedro. Artigos de marcas como Calvin Klein, Antigel, Huit… con ata un 60% de desconto!!

Agardámoste!

Lourdes Sampedro Lencería
Galerías Oliva, local 5
36001 Pontevedra
986 853 143
lourdes.sampedro@gmail.com
https://plus.google.com/b/109845672502016927877/109845672502016927877/posts
https://www.facebook.com/lourdesampedro

 

 

BÁSICO QUERCUS, a nosa esencia ao mellor prezo

Publicado o 23 de xullo de 2013

Presentamos a nosa nova liña BÁSICO QUERCUS, un novo sistema de armario encastrado modular fabricado en melamina.

Os 4 modelos de porta batente, 6 en porta corredeira e 7 interiores a escoller fan que este sistema cubra todas as súas necesidades a uns prezos incribles.

Dous metros lineais de armario dende 1.070 € (IVE incluído).

Quercus
Rúa da Seca, núemero 18, baixo
986 847 960
po@quercusarmarios.com

 

 

Ultramarinos-Bar O Cisne galeguiza os tíckets e a caixa rexistradora

Publicado o 23 de xullo de 2013

O Cisne segue fomentando a normalización do uso do galego nas relacións comerciais galeguizando a súa nova máquina rexistradora. A partir de agora os seus tíckets tamén estarán en galego.

 

 

Ultramarinos-Bar O Cisne
Rúa Real, 15
36001, Pontevedra
986 851 502

 

 

OlbeTéxtil : como lavar as almofadas?

Publicado o 1 de xullo de 2013

Aínda que non é necesario facelo tan a miúdo como ocorre coas fundas, as almofadas poden, e deberían lavarse, unha ou dúas veces ao ano para para eliminar os ácaros, fungos e bacterias que nelas vanse acumulando.

Non debemos esquecer que pasamos de media entre sete e oito horas ao día respirando sobre a almofada, cousa que a converte no cultivo ideal para que fungos, ácaros e algunhas bacterias fagan delas o seu propio ecosistema. Por norma xeral, recoméndase evitar lavar en casa as almofadas de plumas, viscoelásticas e de látex, posto que necesitan secarse moi ben eliminando totalmente calquera tipo de humidade que poida quedar no seu interior.

Por outra banda, as almofadas de fibra poden lavarse sen problema na lavadora. Recoméndase lavalas con auga quente para acabar cos microorganismos e cunha pequena dose de deterxente e suavizante. Recoméndase tamén, introducir no tambor unha ou dúas pelotas de tenis que irán movendo o seu contido a medida que avance o programa de lavado.

Cando estea limpa, non se debe escorrer nin retorcer. Para que seque ben primeiro hai que esmagar a almofada lixeiramente contra unha superficie lisa e limpa, por exemplo unha bañeira, e logo pasarlle unha toalla seca para retirar a maior humidade posible. Tamén se pode deixar a almofada nunha superficie lisa, sobre un par de toallas, dándolle a volta de cando en vez para evitar que a humidade se acumule por unha soa cara. A continuación, pódese deixar secar ao aire ou introducila na secadora.

Se non queremos meter a almofada na lavadora, tamén se pode obter un bo resultado lavándoa a man, aínda que sexa necesario investir un pouco máis de tempo e esforzo. En calquera caso, e se non estamos seguros do lavado que podemos realizar, sempre nos quedará a opción de levar a nosa almofada á lavandería, pois eles mellor que ninguén saberán o coidado que se lle debe dar.

Olbe Téxtil
Rúa Santa Clara, 10-12
36002 Pontevedra
986 853 759
info@olbe.es
http://www.olbe.es/
www.facebook.com/olbe.textil

 

 

Novos cursos na Formiga no Carreiro

Publicado o 1 de xullo de 2013

Na tenda colaborativa A formiga no Carreiro estamos organizando novos cursos:

  • Para nenos e nenas de 4 a 9 anos: clases de pintura, manualidades e grabado
  • Para adultos: calceta, patchwork e talla de vidro.

Se estas interesado/a ponte en contacto a través do correo aformigatenda@gmail.com ou no teléfono 886 213 095

A Formiga no Carreiro
Rúa dos Ferreiros, 19
36002 Pontevedra
Tel. 886 213 095
https://www.facebook.com/aformigano.carreiro

 

 

Todo sobre o “scrapbook” no blog de Bolboretas de Papel!

Publicado o 1 de xullo de 2013

Blog de Bolboretas de PapelScrapbooking, manualidades, diversión y creatividad con papel, fotos tu imaginación.

A túa tenda física e en liña para facer “scrapbook”:

http://www.bolboretasdepapel.com/blog/

Bolboretas de Papel
Rúa Laranxo, 8 (fronte ao Museo)
36002 Pontevedra
www.bolboretasdepapel.com/blog
www.facebook.com/bolboretasdpapel
info@bolboretasdepapel.com
676 890 358

 

 

Nova colección de moda baño en Ernesto Filgueira

Publicado o 28 de xuño de 2013

Ernesto Filgueira, A Casa dos Paraugas, leva 50 anos ofrecendo a mellor moda home, muller, baño, lencería e complementos.

Xa está á venda a nova colección de moda baño para o verán 2013; para todos os talles e gustos.

Ernesto Filgueira 
Praza de Méndez Núñez, número 17
36002 Pontevedra
Teléfono: 986851721
Enderezo electrónico: erfilgueira@hotmail.com

 

Os reloxos Mark Maddox chegan a Joyamar

Publicado o 28 de xuño de 2013

Mark Maddox é unha marca de reloxos “low cost” para mulleres que seguen a moda e as tendencias. Entre as súas coleccións destacan os reloxos con acabados actuais como o carei, o dourado, o ouro rosa ou o “animal print”.

Os prezos dos reloxos Mark Maddox comezan dende os 29 euros, polo que son a conxunción perfecta entre estilo, calidade e bo prezo.

Compróbao, un reloxo Mark Maddox estate a esperar en Joyamar!

http://markmaddox.es/colecciones/

Joyamar
Benito Corbal, 34
36001 Pontevedra
Teléfono: 986 865 049
joyamar@mundo-r.com

 

 

 

Meditación e Tai Chi en Estouche Ben!

Publicado o 28 de xuño de 2013

No centro de terapias Estouche Ben! inician un novo grupo de Tai Chi para as mañás e engaden unha nova actividade: meditación.

Coma sempre, seguen a ofrecer psicoloxía infantil e de adultos, acupuntura tradicional chinesa, Tai Chi e Chi Kung en horario de tarde.

Estouche Ben! Centro de terapias
Rúa Xosé Millán, número 2
36001, Pontevedra
Teléfono: 986 896 968
info@estoucheben.com
http://www.estoucheben.com/indexGalego.php
www.facebook.com/estoucheben

 

 

Paul Frnak e TopModel en Disney Pontevedra

Publicado o 21 de xuño de 2013

As TopModel xa están en Disney Pontevedra! cadernos, diarios persoais, complementos e maquillaxe. Tamén temos as novidades máis coloristas e divertidas para este verán de Paul Frank.

Achégate a Disney Pontevedra!

Disney Pontevedra
Rúa García Camba, 5 – 7
36001 Pontevedra
986 864 768

 

 

Actividades na Libraría Paz

Publicado o 18 se xuño de 2013

– Xoves 20 de xuño, ás 20 horas, presentación de “As vidas de Nito”

– Venres 21 de xuño, ás 19 horas, encontro co debuxante Max, premio nacional de comic 2007

 

 

Horario de verán en Autocares Viúda de Cándido

Publicado o 18 se xuño de 2013

Desde o día 22 de xuño ata o 10 de setembro as nosas oficinas permanecerán abertas de luns a venres, en horario de 9 a 14 e de 17 a 20 horas.

Lembren que dispoñemos dun teléfono de atención as 24 h para emerxencias: 620256224.

Autocares Vda. de Cándido
Rúa Joaquín Costa 10 baixo
36001 Pontevedra
986 86 29 33
autocares@vdacandido.com

 

 

Fantásticos descontos en Deportes Goleada

Publicado o 12 de xuño de 2013

Aproveita!! en Goleada poderás atopar o téxtil cun 30% de desconto, ademais dunha selección do mellor calzado a 20 €!

Deportes Goleada
Rúa Javier Puig, 15
36001 Pontevedra
Teléfono 986 866 685
info@goleadaequipaciones.es

 

 

Pepe Carreiro, o “pai” dos Bolechas, visita A Formiga no Carreiro este sábado

Este venres día 26 de abril, a partir das 18.30 h, os nenos e nenas que se acheguen ata A Formiga no Carreiro poderán coñecer o autor dos seus personaxes favoritos: Os Bolechas.

A Formiga no Carreiro
Rúa dos Ferreiros, 19
36002 Pontevedra
Tel. 886 213 095
https://www.facebook.com/aformigano.carreiro

 

 

A Droguería Moderna en Proba en Galego

Droguería Moderna de Luis Esteban
Praza de Curros Enríquez, número 8
36002, Pontevedra
Teléfono: 986 852 030

Novas en Peral: vale desconto de 20 € e nova colección de comuñón xa á venda

En Peral Moda queremos agasallar a nosa clientela cun desconto de 20 €, en compras superiores a 100 €, válido para todas as tendas Peral ata o 30 de abril.

Poden atopar o cheque desconto na páxina web de Pontevedra Viva, nos banners publicitarios da campaña Proba en Galego.

http://pontevedraviva.com/

Ademais, en Peral Joven dispoñemos dunha ampla variedade de modelos en vestidos de comuñón para nenas e nenos. Estilos clásicos e modernos de deseños exclusivos realizados polas mellores marcas. En Peral Joven faremos realidade os teus soños cos nosos vestidos e traxes de comuñón.

Peral Moda S.L.
Praza de Curros Enríquez, número 14
36002, Pontevedra
Teléfonos: 986 859 830 – 986 856 144
Enderezo electrónico: peral@peralmoda.es                        

                                                                     

                                                                                                                    Relatorio sobre a arte rupestre na Formiga no Carreiro

A Formiga no Carreiro é unha das pequenas empresas do noso concello que colaboran na campaña Proba en galego, para facer normal o uso do galego nas relacións comerciais.

Este venres, día 25 de xaneiro ás 20 horas, terá lugar na tenda un relatorio do historiador e arqueólogo Xosé Lois Vilar Pedreira baixo o título “Escenas de caza na arte rupestre galega”.

Haberá tamén unha exposición e venda de pezas especiais de Lerole “Puntadas na Pedra”.

A Formiga no Carreiro, tenda colaborativa
Rúa dos Ferreiros, número 19
36002, Pontevedra
Teléfono: 886 213 095

                                                                                                             

A libraría Paz anuncia en galego os eventos para as sinaturas de libros escritos en castelán

A Libraría Paz cumpre co primeiro punto do decálogo de compromisos que asinou este verán xunto con outras 29 empresas de Pontevedra. Nese primeiro compromiso dise que o galego será a lingua empregada nos avisos, por megafonía ou escritos, e carteis temporais que precise o negocio.

O galego é a lingua de comunicación empregada pola Libraría Paz nos anuncios de sinaturas de libros, independentemente da lingua na que estes estean editados, o que deixa boa mostra do seu compromiso co noso idioma.

 

 

 

 

 

 

 

 

Libraría Paz
Rúa Peregrina, número 29
36001, Pontevedra
Teléfonos: 986 860 471
Enderezo electrónico: info@librariapaz.com

 

   

Novo horario de Nadal nas tendas Peral

Para facilitar as compras da nosa clientela, as tendas Peral abrirán o sábado 8, o domigo 23 e o domingo 30 de decembro, en horario de 11 a 14 horas e de 17 a 20.30 horas.

   

Peral Moda S.L.
Praza de Curros Enríquez, número 14
36002, Pontevedra
Teléfonos: 986 859 830 – 986 856 144
Enderezo electrónico: peral@peralmoda.es  

 

Unha marca nova na nosa tenda: GEOX

Publicado o 5 de decembro de 2012

Xa se poden mercar nas tendas de Peral as prendas Geox, a chaqueta que respira.

O PROBLEMA: o noso corpo produce continuamente calor, a actividade física, o estrés, a temperatura externa e outros factores aceleran o metabolismo e, por conseguinte, a temperatura do corpo. O noso organismo reacciona producindo suor que evapora e así diminúe a calor da pel arrefriándoa. Evaporando, a suor sobe, pero, se o tipo de peza crea un envoltorio illante para o corpo, este queda atrapado á altura dos ombros e remata por condensarse nos puntos de maior contacto coa roupa. Aquí a humidade alcanza o 100% provocando sensacións molestas e efectos antihixiénicos.

A SOLUCIÓN: nas pezas GEOX o aire húmido e quente, producido pola evaporación da suor, pode difundirse a través dun espazo intermedio especifico tridimensional (spacer) posto arredor do corpo, baixo o forro, e saír pola parte superior da peza a través dun tecido especial (breathing tape) colocado ao longo dos ombros, que permite a aireación e que, grazas a unha membrana especial transpirante e impermeable colocada no interior, deixa saír a suor pero impide a infiltración da auga.

O RESULTADO: a eficacia do sistema GEOX está certificada polo Geox Garment Transpiration Test que se leva a cabo utilizando un aparato especial patentado por GEOX. Comparáronsese dúas pezas idénticas, unha de tipo tradicional e a outra co sistema GEOX, os resultados foron sorprendentes: a patente GEOX permite aumentar ata o 40% da capacidade de transpiración da peza. Os beneficios son evidentes: co sistema GEOX a peza queda máis seca, diminúe a humidade, elimínanse os riscos de arrefriamentos provocados por un exceso de sudoración e un improviso golpe de aire, e evítase o mal olor.

As prendas GEOX deixan respirar ao teu corpo! Ven probalas en Peral!

Juán José Esperón Recarey

Peral Moda S.L.
Praza de Curros Enríquez, número 14
36002, Pontevedra
Teléfonos: 986 859 830 – 986 856 144
Enderezo electrónico: peral@peralmoda.es

 

Peral moda renova cartel, en galego

Publicado o 30 de novembro de 2012

Peral Moda foi unha das trinta empresas de Pontevedra que, este verán, asinaron un decálogo de compromisos coa lingua galega para dinamizar o uso do noso idioma no comercio local.

Desde Peral Moda mandáronnos estas imaxes que deixan boa mostra de que o galego está moi presente no seu comercio, e de que cumpren co primeiro punto do decálogo:

“1- O galego será a lingua empregada nos avisos, por megafonía ou escritos, e carteis temporais que precise o negocio a partir da data de sinatura deste documento.”