Que é Proba en galego?

Proba en Galego…

É unha campaña da Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra para promover o uso do galego no ámbito do comercio e da pequena empresa. Con esta campaña, o Concello de Pontevedra dálle continuidade ao labor que desenvolve para normalizar o uso do galego no sector económico con actuacións específicas que se veñen realizando desde o ano 2006.

Os obxectivos de Proba en galego son:

  • Dinamizar o uso do galego como lingua normal de comunicación no comercio e na pequena empresa
  • Implicar as persoas que traballan no sector do comercio e da pequena empresa na mellora do uso do galego coa clientela e coas empresas provedoras
  • Ofrecer espazos de reflexión e traballo para mellorar a calidade da lingua e a seguridade no seu uso no sector
  • Estimular a clientela falante de galego para que manteña a súa lingua nas relacións comerciais
  • Animar a clientela que non fala galego habitualmente a que probe a facelo
  • Facer visible o uso da lingua galega nas relacións comerciais qeu se establecen na cidade
  • Darlles continuidade ás campañas específicas para incrementar o uso do galego no comercio local  e na pequena empresa que a Concellaría de Normalización Lingüística vén desenvolvendo desde  o ano 2006

2 reflexións sobre “Que é Proba en galego?

  1. Gustache o caldo? e o polo? e o cocido?
    Entón gústache o galego?
    Pois PROBA EN GALEGO! FALA EN GALEGO!
    E as patacas, a empanada, o chourizo, o repolo…….

  2. Pingback: Vídeos sobre os comercios en «Quen somos?» | Proba en galego

Os comentarios están pechados.