Estratexias e boas medidas para tratar situacións complexas

Onte, martes 13 de marzo, asistimos á segunda sesión do obradoiro que impartiu Reverso dentro do ciclo de actividades de Proba en galego. Na última sesión do obradoiro traballamos a maneira de tratar posibles situacións nas que a nosa clientela poida mostrar incomodo por ser atendida en galego. Traballamos por grupos, escenificamos as situacións e as solucións que propuñamos e para rematar fixemos unha posta en común sobre a mellor maneira de tratar as situacións complexas e incómodas.

Para completar os temas que saíron ao longo destas dúas sesións de obradoiros, recomendámosvos a lectura -amena e doada- destas dúas publicacións:

  • Núñez Singala, Manuel. En galego, por que non? Contra os prexuízos e as simplificacións sobre a lingua galega. Editorial Galaxia, 2009

  • Costas, Xosé-Henrique (coord.) 55 mentiras sobre a lingua galega. Edicións Laiovento, 2009