PROBA EN GALEGO
Xosé Lois Vilar (Froitas Vilar) “Experiencia práctica do uso do galego”
Martes 27 de marzo, ás 21 horas
Colexio de Xestores Administrativos (Blanco Porto, nº 9)

As actividades da campaña Proba en galego, de promoción do galego no comercio local, continúan coa charla de Xosé Lois Vilar, propietario de Froitas Vilar. Dedícase á venda de en tendas fixas e ambulantes, é feirante de oficio, mais estudou historia facendo o itinerario curricular de prehistoria e arqueoloxía. Ademais é un dos maiores expertos de Galicia en materias de arte rupestre e toponimia; tamén participa activamente en escavacións e actos arredor da memoria histórica.

Ten participado en simposios, congresos, charlas sobre toponimia (Santiago, Vigo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Barcelona…), impartindo conferencias en colexios e guiado multitude de visitas arqueolóxico-toponímicas. Esta vertente pedagóxica levouno a publicar con Pepe Carreiro “Os nomes do mar de Baiona a Panxón”.

É membro do Instituto de Estudos Miñoranos e participa en numerosos estudos sobre a toponimia como parte do patrimonio cultural galego.